Unha nova arma para combater as superbacterias
1,367,912 plays|
David Brenner |
TED2017
• April 2017
Desde que se estendeu o uso masivo de antibióticos na década de 1940, tentamos desenvolver novos fármacos capaces de matar as bacterias antes de que estas evolucionen… mais esta estratexia non está a funcionar. As bacterias resistentes aos medicamentos, coñecidas como superbacterias, acabaron coa vida de 700 000 persoas o ano pasado e, para o 2050, esa cifra podería chegar aos 10 millóns, máis do que mata o cancro cada ano. Podería axudarnos a física? Nunha charla desde os límites da ciencia, David Brenner, especialista en radiación, preséntanos o seu traballo, que consiste en estudar unha arma que podería salvar vidas: unha lonxitude de onda da luz ultravioleta coñecida como “UVC distante”, capaz de destruír as superbacterias de xeito seguro sen penetrar na nosa pel. Á charla séguelle unha rolda de preguntas con Chris Anderson, responsábel de contidos de TED.