Como converter a túa insatisfacción en acción
2,282,364 plays|
Yvonne Aki-Sawyerr |
TEDWomen 2019
• December 2019
Despois da devastadora invasión rebelde de Freetown do 1999 e o brote de ébola do 2014, Yvonne Aki-Sawyerr, a alcaldesa da cidade, negouse a permitir que a súa frustración co statu quo a paralizase. Pola contra, empregou a súa propia rabia coma catalizador para actuar. Nesta charla inspiradora comparte como transformou a súa cidade asumindo os riscos precisos para provocar un cambio drástico, e amosa como podes atopar poder na túa insatisfacción.